Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo G5 innova

O premio G5 busca ideas novas sobre violencia, discapacidade e emprego difícil

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/10/15 (10:15)

Grupo 5 lanza a segunda edición do Premio G5 Innova, cuxo prazo de inscricións está aberto até o vindeiro domingo. O obxectivo é impulsar a innovación e apoiar o ecosistema de emprendedores sociais, sinalan fontes da empresa, especializada na xestión de servizos sociais e educativos profesionais públicos e privados. Entre os requisitos para participar, están os de ser residente en España, ter un proxecto social e innovador, que leve en funcionamento como mínimo 6 meses e como máximo tres anos.

Os proxectos deben ter un impacto social e valoraranse segundo o seu grao de innovación, creatividade, orixinalidade, viabilidade da iniciativa, potencial de crecemento, uso das TIC e a solución que acheguen aos problemas sociais", engaden as mesmas fontes. Ademais serán tidos en conta especialmente os proxectos que teñan como eixo temático o impacto no ámbito da discapacidade, da violencia e aqueles que aborden o tema da empregabilidade en colectivos menores de 26 anos e maiores de 45.

O premio consta de 7.000 euros, apoio na comunicación e visibilidade. Ademais, nesta nova edición, o gañador obterá unha membresía en Impact Hub Madrid de 3 meses. Isto ofrecerá a posibilidade de contactar con máis de 11.000 emprendedores de máis de 70 cidades en todo o mundo. Esta segunda edición conta coa colaboración de Impact Hub Madrid, Punto JES e Real Funding.

Precisamente, o pistoletazo de saída do concurso deuse o pasado 17 de setembro coa organización dun taller gratuíto de innovación pola transformación social, impartido por Punto JES-Impact Hub Madrid. Durante dúas horas propúxoselles aos participantes hackear a contorna a través da innovación social e descubrir o valor da creatividade aplicada á resolución de tres retos sociais reais relacionados coas persoas sen fogar, a enfermidade mental e o cyberbulling.

Na primeira edición do Premio G5 Innova a gañadora foi Visualfy, unha plataforma internacional creada por persoas xordas e oíntes, dedicada ao desenvolvemento de software e tecnoloxía accesible para persoas con problemas de audición.

Tema: Xeral
Fonte: elmundo.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal