Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Entorno para usar Optikey

OptiKey, a aplicación de seguemento dos ollos que prantexa un futuro mellor para os enfermos de ELA

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/10/15 (09:54)

Os enfermos de esclerose lateral amiotrófica (ELA) e outras enfermidades dexenerativas nas que ven afectadas as motoneuronas fan que a calidade de vida dos pacientes diminúa de forma drástica e lles impida comunicarse con facilidade.
Aínda que hai dispositivos que permiten ofrecer un sistema de comunicación asistido -como o que usa o físico Stephen Hawking-, un desenvolvedor británico logrou idear un sistema de recoñecemento ocular chamado OptiKey extremadamente barato e con software Open Source que rivaliza cos caros sistemas comerciais dispoñibles para os afectados pola ELA.


Probar e utilizar OptiKey é realmente barato
Julius Sweetland non se dedica a este ámbito: é desenvolvedor de software financeiro. Sen embargo a morte da súa tía, afectada por este tipo de enfermidade, fixo que este mozo desenvolvedor se lanzase a un proxecto persoal que lle ocupou os intres libres durante catro anos e que se converteu en OptiKey, un desenvolvemento capaz de funcionar ao mesmo nivel que outros desenvolvementos comerciais que poden chegar a custar 4.000 dólares.

OptiKey é un programa que permite ás persoas afectadas por ELA e enfermidades similares a poder escribir, presionar botóns e navegar nos seus computadores facendo uso do movemento dos seus ollos. É necesario un PC e unha cámara de seguimento de ollos para funcionar, pero o software é gratuíto e liberouse con licenza Open Source GPLv3 en GitHub, onde calquera pode seguir o seu desenvolvemento, descargalo, modificalo -para compartir as melloras coa comunidade, como dita a licenza utilizada- e utilizalo libremente.

Tras realizar probas con varias cámaras -incluída a dunha PlayStation ou cámaras especializadas como a EyeWriter- Sweetland logrou comezar a realizar probas con algúns pacientes dela nalgúns centros médicos. As probas foron un éxito e o propio Sweetland afirma que a curva de aprendizaxe é case nula: "a miña nai é capaz de usalo, e líase coas mensaxes de texto [no móbil]".

Tan só é necesario un PC cunha webcam ou unha cámara de seguimento de ollos -que ten un prezo de entre 100 e 140 dólares- para comezar a traballar cun desenvolvemento que tamén está deseñado para ser utilizado con programas de bancos de voz que permiten que o paciente poida "falar" cos seus interlocutores e comunicarse con máis capacidade. Unha proposta prometedora que esperamos avance en gran medida e que ten a súa propia campaña de financiamento en Patreon para apoiar economicamente o labor deste desenvolvedor.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal