Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tecnoloxía FIDO

A tecnoloxía móbil mellora o servizo dos cans de asistencia

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/10/15 (09:09)

O Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia (EE.UU.) desenvolveu un wearable que permite aos cans que asisten a persoas con necesidades especiais comunicarse cos seus responsables ou donos. Trátase dun chaleco denominado FIDO, equipado cun sensor que o can pode activar para enviar sinais a un dispositivo móbil.

Segundo Melody Jackson, directora do proxecto, o chaleco permitiría a estes animais avisar aos servizos de emerxencia se os seus donos se atopansen nalgún perigo. O can só tería que morder o sensor e o móbil marcará o número telefónico de emerxencias.

O sistema, que aínda está en fase de probas, foi deseñado para que o can interactúe co dispositivo ben sexa mordendo o sensor ou tocándoo co nariz.

FIDO, que en inglés significa Facilitating Interaction with Dogs with Occupations (Facilitando a interacción con cans con ocupacións), tamén pode facilitar o labor dos cans de rescate, detectores de explosivos, entre outros.

Para información sobre o proxecto, visite o portal de Georgia Tech.

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal