Cada vez avanzamos máis rápido en todo o relacionado con accesibilidade. Moitas institucións públicas están a dedicar tempo e recursos a mellorar neste sentido, tratando de implicar ademais á iniciativa privada, fundamental para chegar a niveis óptimos nas nosas localidades. Pero aínda queda unha chea de traballo por facer; e mentres a accesibilidade total non sexa unha realidade, serán precisas ideas e proxectos para continuar camiñando nesa dirección. Por iso parécennos tan boa noticia concursos como o organizado pola Fundación ONCE a través da súa plataforma Uninnova.
Falamos do I Concurso de Innovación Social en Accesibilidade. Aínda que o nome dio todo, o seu obxectivo declarado é "fomentar e apoiar aos innovadores sociais que xeran proxectos en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade". Trátase dunha convocatoria dirixida a estudantes universitarios e emprendedores en xeral, á que poden responder tanto individualmente como en equipo.
Se te animas a participar, tes até o próximo 30 de novembro para presentar a túa candidatura. En primeiro lugar, entrarías na fase de ideación, para o que terás que rexistrarte en Uninnova e presentar e promocionar a súa idea a través do muro de ideación. De todas as ideas presentadas seleccionaranse cinco, que pasarán á fase de validación de ideas (entre o 1 e o 15 de decembro). Dela sairán dous gañadores e un finalista, que serán escollidos por un comité especializado. O grao de innovación do proxecto, a súa viabilidade, sustentabilidade e alcance; e o nivel de participación do ideador na plataforma Uninnova serán os aspectos que se terán en conta para seleccionar as mellores ideas.
E os premios?
Se che interesa, descarga as bases completas... e comeza canto antes a dar forma á túa idea!
Rexístrate como: