Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo de Facebook

Facebook traballa para facer a plataforma máis accesible para persoas con discapacidade visual

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/10/15 (10:36)

O equipo de accesibilidade de Facebook está a desenvolver un sistema baseado en intelixencia artificial que permitiría ás persoas cegas acceder ás fotografías que publican os usuarios do portal.

Segundo a información publicada pola web Tech Crunch (contido en inglés), trátase dun sistema de recoñecemento de obxectos baseado na intelixencia artificial que será capaz de fragmentar unha imaxe en diferentes elementos para brindar unha mellor experiencia aos usuarios cegos.

Os desenvolvedores esperan poder lanzala a finais de ano para a versión web e a aplicación para móbiles de iOS.

Tema: Xeral
Fonte: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal