Para as persoas sen comunicación verbal (que non poden falar, ler ou escribir) a comunicación con sistemas de mensaxería instantánea como o Whatsapp ou o Telegram non é posible. Precisan dun sistema de comunicación que permita o emprego de pictogramas no lugar de texto e nisto é no que se basea a aplicación para dispositivos Android PictoTalk, desevolvida por Accegal.
As persoas cegas a miúdo substitúen o son pola vista, e algunhas poden mesmo recorrer á ecolocalización, o que lles permite localizar e discriminar obxectos polas ondas acústicas. Pero resulta que o son pode tamén adaptarse para transmitir información visual. Uns investigadores do Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech), en Estados Unidos, están a aproveitar ese descubrimento para axudar a persoas cegas.
Coa axuda deste aparellos, sinala a empresa, os cativos “poderán desenvolver o seu lado máis creativo e converterse nos propios deseñadores dos seus xogos”. Así, poderán facer cousas como programar e definir, “de maneira sinxela e desde a súa tableta ou dispositivo intelixente”, cada un dos movementos e accións dos robots, desenvolvendo capacidades de programación que, segundo lembra a empresa distribuidora, “seranlles de utilidade o día de mañá”.