Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Contos 'José aprende'
17/11/15 (08:27)
A colección de contos 'José Aprende' xa está dispoñible gratuitamente na súa app para dispositivos con sistema operativo Android. A colección, creada por Aprendices Visuais, conta co apoio da Fundación Orange e contempla 15 contos enfocados á aprendizaxe de autonomía persoal: autocoidados, rutinas e emocións. Uns contos adaptados a pictogramas e desenvolvidos especialmente para nenos con autismo, servindo igualmente a outras dificultades de aprendizaxe e a nenos pre-lectores.
Logo Maker Faire
17/11/15 (08:20)
O novo e o vello únense: o evento, que estará repleto de robots humanoides a tamaño real, vestidos controlables por móbil, submarinos ou drons, realizarase na Antiga Fábrica de Galletas, na illa creativa de Zorrozaurre. Esta feira xa reuniu a miles de persoas en Nova York, San Mateo (California) ou Roma, así como noutras 150 cidades do planeta, e agora, por primeira vez, chega a España.
Portada da guía en galego
16/11/15 (11:51)
Co obxectivo de promover as vantaxes que ofrecen os teléfonos intelixentes ou "Smartphones" para as persoas maiores, a Fundación Vodafone España lanzou unha nova edición da Guía "Como utilizar os novos teléfonos móbiles? Manual de uso fácil para maiores".
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal