Madrid acolleu o Foro Sanitas sobre Transformación Dixital da Saúde ao que asistiron máis de 450 persoas e que contou coa participación de numerosos expertos de empresas como Google, Oracle, Orange, Zerintia Technologies, Sanitas ou McKinsey & Co. Os relatores analizaron os principais avances tecnolóxicos no sector a nivel internacional e a súa aplicación ao mundo da saúde.
Fundación ONCE ten en marcha o I Concurso de Ideas e Proxectos Rede Uninnova. O devandito concurso ten como obxectivo fomentar e apoiar aos innovadores sociais que xeran proxectos en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade.
O vindeiro 20 de novembro vaise celebrar no MARCO de Vigo o encontro #doCompás, a primeira actividade organizada por Impact Hub Ría de Vigo, nodo galego (o primeiro das súas características na nosa terra) integrado por profesionais adicados á innovación social e o desenvolvemento.