Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Cartel da xornada
17/11/15 (10:39)
Aspaber presentará o traballo de definición da súa estratexia de comunicación e comercialización na Internet, onde se analizaron as necesidades e obxectivos, despois do que se desenvolveron ferramentas web, deseñouse un Plan de Comunicación para a Asociación e un plan de comercialización para o Centro Especial de Emprego, así como os contidos necesarios para cada un destes soportes.
Logo CODIX
17/11/15 (10:15)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ven de publicar a lista definitiva das 370 persoas matriculadas para a realización das probas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 13 de outubro, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
Logos Fundación Universia e Fundación Konecta
17/11/15 (08:36)
Fundación Universia e Fundación Konecta resolveron a IV Convocatoria de Axudas a Proxectos Inclusivos 2015-2016. Trátase do primeiro ano en que a Fundación Konecta participa neste programa consolidado de Fundación Universia. Nesta edición ambas as fundacións entregan 30.000 euros en axudas para promover a inclusión das persoas con discapacidade no ámbito do emprego e a formación, a arte e a investigación.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal