Segundo informan os impulsores da feira, que celebra este ano a súa décima edición, o evento exhibe estes días solucións moi creativas e avanzadas para todo tipo de retos e problemas da nosa vida cotiá: retos e desafíos ligados á alimentación, á mobilidade, á accesibilidade, á enerxía sustentábel e á seguridade, entre outros temas.
Este martes entregáronse os diplomas de asistencia ás xornadas da Rede Emprende en Igualdade en Dodro (A Coruña). Foron un total de 21 alumnas as participantes. Na cita concorreron o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez, e máis a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que salientou que a Rede Emprende en Igualdade ten como obxectivo “mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e as redes sociais”.
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición das empresas e entidades do terceiro sector dúas novas aplicacións de software libre no Centro Demostrador TIC Virtual, o servizo de proba de solucións tecnolóxicas na nube.