Os premios SERES (Sociedade e Empresas Responsables) recoñecen os proxectos estratéxicos e innovadores que transforman a sociedade e xeran solucións a través do traballo colectivo, axudando a crear valor e resolver problemas sociais. Fundación Telefónica foi premiada polo programa de empregabilidade 'Todos Incluídos', destinado a mellorar a inclusión laboral dos mozos. Na súa 6ª edición, os premios tamén recoñeceron a Batec Mobility, Clínica Rementería e á Fundación La Caixa.
Un total de 963 persoas cegas ou con discapacidade visual grave solicitaron a documentación en braille para poder exercer o seu dereito ao voto de forma autónoma o próximo 20 de decembro, cando se celebrarán en España eleccións xerais.
Este luns 30 de novembro vaise falar en Santiago de cousas que pode facer o noso tecido de produción tecnolóxica (centros tecnolóxicos, empresas, entidades, profesionais por conta propia) para incrementar e mellorar os coidados, a saúde e a calidade de vida dos nosos maiores. Falamos da terceira edición da Xornada Inno Active Ageing sobre envellecemento activo e vida saudable.