Esta semana Santiago está a acoller unha serie de xuntanzas nas que participan expertos internacionais en materia de Internet, educación e xuventude. A columna vertebral das sesións é afondar no proxecto europeo Parentnets, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus+ que ten como principal obxectivo formar a pais, nais e profesores no eido das redes sociais e o seu uso por parte das mozas e mozos.
A Deputación de Pontevedra está a apostar polas novas formas de traballo colaborativo e innovador. Así se reflicte no acordo asinado estes días coa Escola de Organización Industrial encamiñado a impulsar o emprendemento na provincia. Segundo fai saber a entidade provincial, a través deste convenio destinaranse 320.000 euros para a creación de espazos conxuntos de co-working no Polígono Industrial de Barro-Meis e en Lalín.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou na entrega dos IX Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para así favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade.