Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Entrega do premio
09/11/15 (09:03)
A iniciativa eHeart, liderada pola firma Conexiona Telecom, con sede na Tecnópole de Ourense, vén de gañar o premio ao mellor proxecto español de innovación no ámbito das tecnoloxías de saúde e vida activa, concedido pola Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC).
Cartel da presentación
09/11/15 (08:54)
O campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil D3Mobile Metrology World League, certame promovido polo grupo de investigación USCAN3D da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, terá presenza dende hoxe en dous importantes foros científico-tecnolóxicos a celebrar en Bruxelas. Trátase de dous encontros impulsados pola iniciativa europea Scientix e nos que as investigadoras da USC Mariluz Gil Docampo e Teresa Rego Sanmartín presentarán as características e os obxectivos da D3Mobile Metrology World League, unha iniciativa dirixida a potenciar as vocacións científicas en estudantes de ensinanzas medias de todo o mundo.
Localizador Guardian
06/11/15 (09:38)
Persoas afectadas por Alzheimer, autismo ou demencia e mesmo os máis peques da casa e até as mascotas, poden desorientarse e perderse coa consecuente preocupación dos seus familiares; con estes localizadores sempre se pode saber onde están os seus seres queridos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal