Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Centac

O Centac celebrou o seu 6º Congreso Nacional

  • O principal reto das novas tecnolocías, e tema central do debate, é acabar coa fenda dixital entre as persoas maiores
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/11/15 (09:31)

Acabar coa fenda dixital entre as persoas maiores é un reto das novas tecnoloxías. Esta é unha das conclusións do debate sobre o envellecemento dentro do 6º Congreso Nacional de Centac que se celebrou en Bilbao. "Envellecer é un logro, non o convertamos nun problema e fagamos realidade por fin á fenda dixital nas persoas maiores", sinalou o subdirector xeral de Relacións  Institucionais de SARQuavite, Agustín Lopesino.

Segundo Lopesino, "un dos grandes retos do futuro é a inclusión da diversidade funcional das persoas maiores". Para este labor, o subdirector subliñou que "é importante ter clara a visión que se ten deste sector da poboación", ademais de dar importancia á "idea de como quere envellecer cada un".

Pola súa banda, o CEO de Indeable Solutions, Iñaqui Bartolomeu, remarcou que "durante os próximos anos é necesario acelerar o proceso de achegamento das persoas maiores ás novas tecnoloxías para facilitar o seu empoderamento social e sanitario". Bartolomeu engadiu que o sector do coidado a domicilio está nun proceso de gran expansión e "nun futuro non moi afastado este tipo de industria pode ser un núcleo xerador de traballo e riqueza para España se se sabe combinar co sector turístico".
O asesor da Fundación Alzheimer España (FAE), Alberto Brunete, comentou que as novas aplicacións destinadas a tablets e outros dispositivos similares deben potenciar a sinxeleza dos seus modelos para rebaixar a "fenda dixital" existente entre amplos núcleos de persoas maiores.

O director do BCBL, Manuel Carreira, indicou durante o seu relatorio que o bilingüismo "non é unha protección contra as diferentes enfermidades dexenerativas do cerebro" segundo un recente estudo que realizou a institución que el dirixe.

Teleasistencia
Na mesa dedicada á teleasistencia, o responsable de Osatek, Alfredo Alday, deu unha visión da Administración Pública. Alday remarcou a intención do Goberno Vasco de que a teleasistencia sexa unha peza clave para facilitar a autonomía.
Para o Goberno Vasco "o envellecemento en lugar de ser un problema é unha oportunidade de desenvolvemento trasversal", segundo declarou Alday. "O futuro do modelo de teleasistencia irá enfocado á prevención e a información como pezas claves", agregou.

A directora da delegación oeste de Atenzia, Vitoria de la Orden, expuxo que desde a súa organización tentan que a teleasistencia sexa a ferramenta universal para coidar á poboación, especialmente en zonas rurais. "Nós temos a vocación de axudar á persona a permanecer na súa contorna" comentou de la Orden.

Itziar Álvarez explicou tamén a importancia de formar aos traballadores e coidadores é vital para mellorar a atención ás persoas. Ademais, o xerente do servizo Acompáñote de Telefónica, Virgilio Álvarez subliñou que a colaboración público-privada será esencial para dar cobertura sociosanitaria á crecente poboación de persoas maiores que haberá en España.

Tema: Xeral
Fonte: entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal