Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Zapatillas lechal
28/07/14 (10:26)
Levan por nome Lechal e son un par de zapatillas deportivas que se conectan vía bluetooth ao noso dispositivo móbil sincronizándose con Google Maps a través dunha aplicación deseñada para este fin. O funcionamento baséase en vibracións, onde ao chegar a unha intersección ou cruzamento, a zapatilla xa sexa esquerda ou dereita emitirá un aviso en forma de vibración para indicar o camiño que se debe seguir. Só será necesario trazar a ruta e listo, non haberá necesidade de estar a ver o móbil cada instante para coñecer o traxecto.
OwnFone
28/07/14 (10:14)
OwnFone, empresa de orixe británica, foi a primeira compañía en sacar ao mercado un teléfono móbil habilitado para discapacitados visuais, que non a primeira en crealo. A empresa considerou oportuno a utilización das impresoras 3D para a creación dos devanditos dispositivos, os cales se poden personalizar de tal forma que a parte frontal do aparello poida constituírse de contactos específicos transcritos á linguaxe braille.
Colesterol
28/07/14 (10:05)
Un grupo de universitarios traballa na creación dunha pulseira que detecta e mide, en tempo real, a concentración de colesterol e triglicéridos no sangue, ademais da viscosidade. "Con este método non é necesario extraer o líquido para obter os datos, o que representa unha gran vantaxe", explicou Leonardo Moreno, do doutoramento en Ciencias e Enxeñería de Materiais.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal