Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Captura de pantalla da aplicación móbil
30/07/14 (12:08)
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá unha nova aplicación móbil coa que se pretende facilitar e enriquecer a visita do público ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Con esta app, desenvolvida con tecnoloxía galega e por emprendedores galegos, Cultura e Educación busca proporcionarlle unha experiencia novidosa aos visitantes a través dos seu teléfonos móbiles ou tablets.
Premios Galicia das Telecomunicacións
30/07/14 (09:56)
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocaron unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2014, galardóns que como de costume serán entregados no marco da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que xa vai pola súa 19 edición. O evento terá lugar o 24 de outubro de 2014 no Gran Hotel da Toxa, baixo o epígrafe Sociedade Dixital e Saúde. Como é de agardar e tendo en conta este lema temático, a Noite servirá entre outras cousas para amosar ante o mundo o incríbel potencial das nosas empresas TIC e os seus desenvolvementos á hora de optimizar e impulsar a atención médica, a asistencia e mesmo a procura de novos fármacos e tratamentos.
Prótese de mandíbula
30/07/14 (09:39)
A medicina atopou na impresión 3D un bo aliado para crear próteses e obxectos a medida de cada paciente. O equipo técnico do hospital de Kimberley anunciou que implantou con éxito dúas mandíbulas de titanio impresas con 3D.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal