O enxeñeiro biomédico mexicano Jorge Silva é o creador do dispositivo "Tecla", que axuda ás persoas con parálise cerebral a utilizar móbiles intelixentes e tabletas para poder enviar mensaxes de texto e navegar.
Máis de 130 proxectos presentáronse á primeira convocatoria de Galicia Open Future –GOF-, o centro de crowdworking posto en marcha por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía e Industria, e que comezará a súa actividade o próximo mes de setembro.
O grupo de investigación Novos Medios (Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago), e o IFFE Business School están a desenvolver unha ferramenta de asesoramento docente especialmente dirixida a quen ande á procura de traballo fóra da nosa terra e precise asesoramento de utilidade. Trátase dun titor virtual multimedia de xestión intelixente da comunicación, WorkerTutor.