A Universidade de Oxford, en colaboración co Real Instituto Nacional de Cegos (RNIB) do Reino Unido, crearon unhas lentes intelixentes que permitirán ver obstáculos e caras a persoas con visión limitada, de forma similar ao visor de alta tecnoloxía usado por Geordi La Forge na serie de televisión Star Trek.
O 77,2% dos concellos galegos permite iniciar a tramitación telemática dos procedementos e en preto dun 6% os trámites poden realizarse totalmente de xeito electrónico. O 32,7% dos concellos da Comunidade que dispoñen de sitio web conta con sede electrónica, valor que chega ao 60% para os de máis de 50.000 habitantes.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa para o mes de agosto distintos obradoiros artísticos e de informática para os máis pequenos na Biblioteca Nodal de Lugo.