Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Aplicación en Android
01/08/14 (08:39)
DisabledPark é unha nova aplicación móbil deseñada para atopar as prazas de aparcadoiro destinadas a persoas con discapacidade. Actualmente ten localizadas 25.000 prazas en 130 cidades e municipios de toda España.
Worldcoo
01/08/14 (08:19)
Worldcoo naceu en 2012 con vocación internacional para promover unha nova canle de fundrasing para proxectos sociais, de cooperación e de desenvolvemento sostible. Actualmente acaba de lanzar unha nova web, tamén para o mercado español porque a realidade é que aquí tamén hai causas próximas con necesidade de financiamento e unha oportunidade para que a RSC non quede en saco roto. Esta empresa social une Ong e o poder do sector do comercio electrónico e dos seus usuarios, para buscar novas fórmulas de visibilidade, sensibilización e financiamento de causas solidarias.
Fundación Barrié
31/07/14 (10:16)
Oito universitarios galegos, participantes no programa Talentum Startups de Telefónica (traído a Galicia en colaboración coa Fundación Barrié), presentaron este mércores 30 os seus proxectos a representantes da operadora e de diversas empresas tecnolóxicas.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal