A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia o 28 de xullo de 2014 a campaña para recoller as ideas e suxestións de toda a sociedade galega no proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, aprobado no último Consello da Xunta.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego acordou iniciar o proceso para definir os novos obxectivos a Axenda Dixital de Galicia, logo de ter conseguido nos últimos anos universalizar o acceso a internet, impulsar a Administración electrónica e introducir as novas tecnoloxías nas empresas e nos servizos públicos. Así, o Executivo autonómico inicia o proceso para elaborar, con todas as achegas posibles, unha nova folla de ruta que se presentará no primeiro trimestre de 2015, e que incluirá todas as medidas e iniciativas necesarias para continuar a modernizar tecnoloxicamente o país ata 2020.
O enxeñeiro Jordi Albó, profesor de robòtica de La Salle-URL, participou no desenvolvemento dunha tecnoloxía que permitirá circular de forma autónoma por unha contorna urbana ás persoas con discapacidade intelectual usuarias de cadeiras de rodas.
O proxecto, denominado "Follow me", está deseñado para seguir a un guía do grupo de paseo e proporciona autonomía aos usuarios, xa que aforra calquera intervención do usuario ou da persoa que dirixa a cadeira.