A Xunta de Galicia dará formación ao longo dos próximos meses a preto de 2.200 persoas desempregadas da provincia de Lugo para incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Estas accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (AFD) son sufragadas pola Consellería de Traballo e Benestar e promovidas por institucións, entidades sen ánimo de lucro e empresas.
O experto en emprendemento social e CEO de UpSocial Miquel de Paladella, dános as claves para o éxito de proxectos sociais e fálanos dos bonos de impacto social e da capacidade de xerar cambios sociais desde o terceiro sector.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago vai organizar o obradoiro Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp, unha actividade cuxo prazo de inscrición abrirase en datas vindeiras e que, como o seu propio nome indica, vai dirixida a botar luz sobre o programa libre Gimp.