O pasado martes 15 de xullo celebrouse o III Encontro Profesional para organizacións sociais do programa Talento Solidario da Fundación Botín e nesta ocasión contou un experto en emprendimiento social; Miquel de Paladella. Este catalán Cofounder e CEO de UpSocial deu as claves para o éxito de proxectos sociais, falou de bonos de impacto social e da capacidade de xerar cambios sociais desde o terceiro sector.
Para Miquel de Paladella, os maiores cambios que conseguiu xerar o terceiro sector foron a través da incidencia política. "O terceiro sector só non pode facer nada", asegurou. Por tanto, para conseguir atraer ás institucións políticas e conseguir financiamento é necesario:
Conseguir financiamento para un proxecto social non é unha tarefa sinxela, e unha maneira de solucionar este problema pode ser mediante os bonos de impacto social. "Son un instrumento onde gañan os investidores, o terceiro sector, as Administracións Públicas e sobre todo as persoas ás que se destine a iniciativa", explicou Paladella. O característico deste instrumento é que se consegue vincular o financiamento á obtención de resultados e que mediante o seu compromiso de pagar a cambio de resultados promóvese incentivar a participación de investidores privados no financiamento dos programas.
En concreto, os bonos de impacto social permiten: contratos de pagos por éxito con administracións públicas para financiar a prevención, "Investidores de impacto" que financian os programas de entidades e empresas orientados a conseguir os resultados acordados con administracións e recupérase o investimento ao cumprir os obxectivos
Para terminar este encontro, Miquel de Paladella expuxo as claves ou receitas para o éxito dun proxecto social:
Rexístrate como: