Un total de 14 proxectos de entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia foron seleccionados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, entidades que os financiarán con 150.000 euros. Trátase da primeira convocatoria de proxectos impulsada conxuntamente por ambas as entidades, e que foi creada para complementar os beneficios do programa "Más Social".
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas destinadas á contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Esta orde conta cun investimento para este ano de 2,2 millóns de euros, o que permitirá manter a rede integrada por 258 traballadores.
YouVo é unha rede social especificamente desenvolvida e orientada para centros escolares que queiran facilitar a calquera membro da comunidade educativa a loita contra o acoso escolar nos seus centros.