Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Zapatillas lechal

Lechal, un produto revolucionario para os teus pés

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/07/14 (10:26)

Estamos nesa época onde todo leva o apelido "intelixente", para así facer notar que o produto evolucionou e pode achegar máis que a súa simple función para a que foi creado. É así como xa temos, lentes intelixentes, reloxos, coches e ata comedeiros intelixentes para gatos.

Agora, grazas a Ducere Technologies, unha startup con base en India é como coñecemos a existencia das primeiras zapatillas intelixentes quen nos indicará por medio de vibracións o camiño para seguir.

 

Marcando o camiño

Levan por nome Lechal e son un par de zapatillas deportivas que se conectan vía bluetooth ao noso dispositivo móbil sincronizándose con Google Maps a través dunha aplicación deseñada para este fin. O funcionamento baséase en vibracións, onde ao chegar a unha intersección ou cruzamento, a zapatilla xa sexa esquerda ou dereita emitirá un aviso en forma de vibración para indicar o camiño que se debe seguir. Só será necesario trazar a ruta e listo, non haberá necesidade de estar a ver o móbil cada instante para coñecer o traxecto.

Pero que pasa se non queremos comprar as zapatillas? Existirá a posibilidade de adquirir unicamente as solas, as mesmas que incorporan o sistema de avisos e que son compatibles coa maioría dos zapatos.

Ditas solas son compatibles con dispositivos bluetooth 2.1 + EDR e son alimentadas por unhas baterías reversibles a proba de auga de só 8 milímetros de espesor; posúen unha autonomía, segundo os seus fabricantes, de 3 días en uso constante ou ata 10 días en repouso e son facilmente desmontables e recargables a través dun porto USB.

Krispian Lawrence, director xeral de Ducere comenta: "Os zapatos son unha extensión do corpo humano. Podes saír da túa casa sen un reloxo ou pulseira, pero xamais te irás sen os teus zapatos."

Pero este desenvolvemento non está enfocado soamente no deporte, xa que existen outras posibilidades de uso, entre as que se atopan o poder guiar a turistas indicando o camiño cara a sitios de interese, pero sobre todo as posibilidades que brindaría a persoas invidentes, xa que "un bastón pódelles axudar a detectar obstáculos, pero non lles di se hai que evitalo pola esquerda ou a dereita", comenta o seu creador.

As zapatillas ou solas Lechal están protexidas por 24 patentes internacionais que as fan ata o momento un produto único e con aspiracións a incorporar novas funcións. Ambos os produtos estarán dispoñibles en setembro a un prezo de 100 dólares as solas e 150 dólares as zapatillas.

Haberá que ver a recepción por parte dos consumidores, xa que ao final é un produto máis que depende da conexión aos nosos móbiles e non funciona de maneira independente, o cal sería idóneo para este tipo de desenvolvementos, xa que existen zonas sen conexión ou simplemente dependemos da autonomía do móbil, que coa localización e o bluetooth activados todo o tempo farán que a batería diminúa a súa carga de maneira considerable.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal