Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
OwnFone

Sae á venda o primeiro teléfono móbil para invidentes

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/07/14 (10:14)

OwnFone, empresa de orixe británica, foi a primeira compañía en sacar ao mercado un teléfono móbil habilitado para discapacitados visuais, que non a primeira en crealo. A empresa considerou oportuno a utilización das impresoras 3D para a creación dos devanditos dispositivos, os cales se poden personalizar de tal forma que a parte frontal do aparello poida constituírse de contactos específicos transcritos á linguaxe braille. "O meu produto non é o primeiro en deseño braille, pero si é o primeiro que saíu á venda", di Tom Sunderland, inventor do novo OwnFone, nunhas declaracións ao Daily Mail.

Para as persoas con deficiencias visuais ou anciáns que non saben ler braille, a empresa tamén puxo a disposición, grazas a esta tecnoloxía de impresión 3D, texturas e botóns guía que permitan o manexo aos devanditos usuarios. "A impresión 3D proporciona unha maneira rápida e rendible para crear botóns personalizados Braille", comenta Tom Sunderland.

O prezo que ten o novo OwnFone braille é de 60 libras (uns 74 euros aproximadamente) e só se vende por agora en Reino Unido, aínda que Sunderland ten previsto iniciar unha campaña en Kickstarter para comercializalo a escala internacional. Trátase do dispositivo máis caro ofertado pola empresa ata a data. Esta é coñecida por lanzar dous móbiles anteriormente, un en 2012, un dos primeiros móbiles creados parcialmente mediante a impresión 3D, e outro en 2013, creado especificamente para nenos de entre catro e nove anos de idade.

Na páxina web de OwnFone pódese crear e personalizar o teléfono móbil, elixindo a cor, formato, número de contactos e identificación dos mesmos. "O teléfono pódese personalizar con dous ou catro botóns en Braille que están preprogramados para chamar a amigos, familiares, coidadores ou servizos de emerxencia", engade Sunderland.


Outros móbiles e aplicacións deseñados para invidentes

Unha empresa situada na India chamada Kriyate Desing Solutions deseñou o pasado 2013 un prototipo de teléfono habilitado para braille. Este móbil incorpora unha pantalla capaz de converter imaxes en superficies con relevos, e de converter textos en patróns de puntos do sistema braille. Dita pantalla ten unha reixa de puntos que en realidade é unha pantalla braille onde os puntos representan caracteres. Ademais, é capaz de expandirse e contraerse para volver á súa forma orixinaria despois de tocala.

Ademais deste dispositivo, tamén existen aplicacións como Vodafone Speak, Easy Walk, Nuance Talks, etc. que ofrecen servizos orientados a usuarios invidentes, ou extensións das marcas de móbiles como VoiceOver de Apple, que permite aos usuarios navegar no seu teléfono utilizando controis baseados en xestos.

Ademais, recentemente faciámonos eco do traballo dun grupo de investigadores da Universidade de Palermo (Italia) ao redor dunha app chamada Arianna (nome de Ariadna en italiano), que permitirá ás persoas cegas moverse con seguridade utilizando o seu teléfono móbil, e da aplicación Glassters OCR, deseñada pola empresa española Droiders para as Google Glass e que permitirá ás persoas invidentes interpretar textos sen necesidade de código braille.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal