A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha un programa piloto baseado na tecnoloxía Home Theatre Personal Computer (HTPC)- Computadora Persoal de Cine en Casa para a prevención e detección de situacións de deterioro cognitivo en persoas maiores. Trátase dun proxecto baseado nas Tecnoloxía de Información e Comunicación (TIC) para ofrecer entretemento multimedia, neste caso concreto, a través de mensaxes na televisión.
A Deputación de Lugo presentou a semana pasada, de man da súa vicepresidenta segunda Lara Méndez, a nova programación dos cursos do Centro de Innovación Social InLugo, unha achega de actividades formativas e divulgativas (cursos e obradoiros) que ten como principal novidade o feito de abranguer toda a provincia. O obxectivo: facilitar o uso das novas tecnoloxías a todos os maiores, con independencia de onde se atopen.
Arc Pen é un bolígrafo especialmente deseñado para tratar as consecuencias do Parkinson á hora de escribir e devolve a facilidade de escritura aos enfermos desta enfermidade.