Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Logo CeMIT
08/04/15 (10:51)
A rede CeMIT e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) colaboran para ampliar a difusión das súas actividades. As aulas da rede CeMIT, emitirán a través do seu sistema de videoconferencia seminarios técnicos, que o CNTG vén celebrando en Santiago de Compostela, a todas aquelas aulas CeMIT que estean interesadas en participar.
Edificio do CiTIUS
08/04/15 (10:40)
Investigadores do programa de E-Saúde do CiTIUS (Universidade de Santiago) veñen de amosar as interesantes potencialidades para os doentes cardiovasculares dunha solución de seu que, entre outras cousas, permite facer de maneira automática o agrupamento morfolóxico dos latexos dos pacientes en tempo real.
Presentación da nova entrega do festival
08/04/15 (10:16)
Quen escoitara falar de webseries e queira ampliar os seus coñecementos sobre a materia, vai poder facelo os vindeiros días no festival Carballo InterPlay (CIP), unha cita referencial sobre este fenómeno tecnolóxico-audiovisual a nivel galego e estatal (pioneira dende as dúas ópticas xeográficas). O certame, que vai pola súa segunda entrega, celébrase os días 16, 17 e 18 de abril.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal