'O efecto acumulativo dos smartphones estase a converterse na maior tendencia da sociedade. Como consumidores, probamos novas apps e mantemos as que pensamos que melloran, enriquecen e mesmo prolongan as nosas vidas a un ritmo tan rápido que non nos damos apenas conta de que as nosas actitudes e comportamentos están a cambiar máis rapidamente que nunca. Os servizos e produtos que até fai moi pouco ían máis aló da imaxinación e agora están máis que aceptados, pronto chegarán ao mercado de masas. A só cinco anos para chegar a 2020, o futuro parece estar máis preto que nunca antes', asegura Michael Björn, responsable de Investigación de Ericsson ConsumerLab.
Froito do acordo entre as Secretarías de Estado de Seguridade (SES) e Telecomunicacións (SETSI), dependentes dos ministerios de Interior e Industria respectivamente, tiveron lugar esta semana as primeiras xornadas formativas sobre "Seguridade TIC e Menores" dirixidas a membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
O Convenio Marco firmado entre ambas establece o desenvolvemento de diferentes proxectos para contribuir á inclusión e participación de persoas con xordeira nos diferentes ámbitos da vida.