Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logos Fiapas e Fundación Vodafone

FIAPAS e Fundación Vodafone España suman esforzos para mellorar as condicións de vida das persoas xordas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/04/15 (12:42)

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) e a Fundación Vodafone asinaron hoxe un Convenio Marco de Colaboración para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción socio-laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con xordeira.

Neste sentido, o acordo marco prevé a colaboración no desenvolvemento de diferentes proxectos, que serían obxecto de posteriores acordos, en materia de innovación tecnolóxica, sensibilización, promoción e fomento da accesibilidade, entre outras accións.

Ambas as entidades xa traballaron xuntas noutras ocasións. Así, a Fundación Vodafone colaborou en proxectos promovidos por FIAPAS, como a posta en marcha do Servizo de Apoio á Accesibilidade-FIAPAS (SAC) ou o proxecto de Accesibilidade para as persoas xordas en espazos públicos, culturais e de lecer, dentro do que se realizou a adaptación con bucle magnético do Gran Teatro do Liceo.

Tanto FIAPAS como Fundación Vodafone felicítanse por continuar en mutua colaboración coa idea de impulsar o uso da tecnoloxía como instrumento para garantir a inclusión e accesibilidade das persoas xordas.

FIAPAS, entidade con implantación estatal, constitúe a maior plataforma de representación das familias de persoas xordas en España e traballa, desde hai máis de 30 anos, para mellorar a calidade de vida das persoas xordas e das súas familias.

A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Desenvolve proxectos de innovación tecnolóxica que facilitan a vida a persoas con discapacidade e maiores, principalmente. Promove programas de formación en TIC para apoiar a súa autonomía persoal e a inserción social e laboral. Contribúe á difusión das telecomunicacións na sociedade a través de publicacións e informes.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal