A empresa española Syncrom Entertainment, centrada no deseño de xogos para dispositivos móbiles, anunciou esta semana o seu fortalecemento como firma de innovación social dixital, un ámbito de traballo do que falamos arreo con motivo da xornada CeMIT-Innovación celebrada este martes 24.
O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, celebraron o pasado día 23 de marzo unha xuntanza co obxectivo de afrontar de maneira conxunta actividades para combater a fenda dixital de xénero en calquera das súas manifestacións.
O presidente e o secretario do CPETIG, Marcos Mata e Juan Luis Miguéns, respectivamente, tiveron na mañá do pasado martes unha xuntanza coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, na que se avaliaron posibles vías de colaboración entre ámbalas partes.