O obxectivo que persegue é o de facer fronte, dunha forma precisa e non invasiva, aos tan habituais dores de costas ou previr con antelación os trastornos músculo-esqueléticos, entre outras posibilidades.
O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, en San Lázaro, vai acoller os días vindeiros a segunda entrega de EscolaTIC, un encontro sobre novas tecnoloxías e o seu potencial no ámbito docente. A xuntanza, que se celebra os días 17 e 18 de abril, encamíñanse a achegar recursos e claves a todo o profesorado da nosa terra: recursos e claves sobre como impulsar e reforzar a actividade formativa pola vía das novas ferramentas.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, acompañada do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, entregou hoxe o primeiro e o segundo premio do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’ aos alumnos do IES Perdouro de Burela e do IES de Cacheiras do Concello de Teo, respectivamente.