Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fisioterapeuta tratando a un paciente

Adibas Posture, unha innovación para previr lesións lumbares

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/03/15 (08:34)

Un equipo de fisioterapeutas e enxeñeiros informáticos de Barcelona desenvolveu unha ferramenta para corrixir e evitar os problemas de costas. Trátase dun software 3D que mide clinicamente a columna e que permite un diagnóstico preciso da postura corporal de cada persoa.

A aplicación, que responde o nome de 'Adibas Posture', está fundamentada en avances de intelixencia artificial e visión por computador en tres dimensións. O obxectivo que persegue é o de facer fronte, dunha forma precisa e non invasiva, aos tan habituais dores de costas ou previr con antelación os trastornos músculo-esqueléticos, entre outras posibilidades.

Avalada por Microsoft, a Universidade de Barcelona e o Centro de Visión por Computación da cidade condal, unha das súas maiores vantaxes é que ten unha excelente precisión para a análise clínica, algo que quedou demostrado a través de diversos estudos científicos sobre validez e fiabilidade. Ademais, pódese utilizar como instrumento de medida para investigar.

Segundo os últimos informes avalados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), o 80% da poboación mundial verase afectada por problemas de costas nalgún momento da súa vida. Polo que este invento, comercializado pola empresa Physicaltech desde principios de ano, será clave para previr este tipo de doenzas lumbares e atopar novas solucións que faciliten un diagnóstico máis preciso.

O seu funcionamento é simple: a través dunha cámara Kinect de Microsoft obtense unha imaxe do paciente en tres dimensións que se procesa co software. Abonda con que o paciente se coloque de pé -ou tamén sentado-, enfocalo coa cámara e sinalar na pantalla os puntos do corpo que se desexan analizar.

Como sinalou Sergio Escalera, un dos principais impulsores do invento, 'estamos a falar dun método innovador que contrasta cos sistemas utilizados até a data, baseados en complexos e caros sistemas multicámaras. Agora, cunha simple foto podes realizar unha análise postural, sen un calibrado especial. O que antes tardabas unha mañá, falo agora en poucos segundos'.

Por tanto, trátase dunha ferramenta eficaz para médicos e expertos, coa diferenza básica de que, con este sistema, pódese eliminar a radiación á hora de tomar unha imaxe do interior das costas, o que pode ser realmente beneficioso para nenos e mulleres embarazadas, entre outros.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal