Unha das manifestacións motoras do Parkinson nos pacientes que sofren esta enfermidade é a micrografía, que virían ser as dificultades á hora de escribir que fan que a letra se vaia facendo cada vez máis pequena e ilexible. Coa deterioración do sistema nervioso conforme pasa o tempo, mesmo o que antes parecía unha palabra acaba sendo unha simple liña.
Aquí é precisamente onde entra Arc Pen, un bolígrafo especialmente deseñado para tratar as consecuencias do Parkinson á hora de escribir que devolve a facilidade de escritura aos enfermos desta enfermidade. O sistema está preparado para detectar os movementos involuntarios da man de cada paciente e produce unha vibración personalizada en función destes co fin de garantir a estabilidade. Con isto non só conseguen que a escritura sexa máis lexible, senón que os seus creadores aseguran que reduce a dor e relaxa os seus músculos.
Dopa Solutions, un grupo de deseñadores do Imperial College London e do Royal College of Ars do Reino Unido, son os responsables deste deseño. Din probar xa o prototipo do seu invento en 14 persoas que sofren de micrografía e aseguran conseguir mellorar a escritura dos pacientes nun 86% dos casos. Agora buscan financiamento para seguir adiante co desenvolvemento e as probas do seu proxecto.
É máis, son bastante optimistas e aseguran que o seu mesma tecnoloxía de vibracións de alta frecuencia podería aplicarse a outras ferramentas e obxectos. Google xa puxo á venda as súas culleres Liftware, que parecen utilizar unha técnica similar (e digo parecen porque os responsables do Arc Pen non deron moitos detalles concretos sobre o seu sistema). Estas tamén están dirixidas aos enfermos de Parkinson e permítelles reducir até nun 76% os tremores.
Rexístrate como: