A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, vén de seleccionar o programa "Reorientamos" do Concello de Oroso para participar nun proxecto piloto de Innovación Social Dixital CeMIT-Innova. Un proxecto no que participan dez centros de Galicia e que pretende resolver retos locais ligados á educación, á saúde ou ao emprego a través de iniciativas cunha base tecnolóxica deseñadas polos cidadáns e axentes locais.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con outros 13 socios europeos no desenvolvemento do proxecto europeo ‘EUfolio’, unha iniciativa que deriva do grupo ‘TIC e educación’ do Programa ‘Formación 2020 e Educación’, unha rede que inclúe 24 representantes dos Ministerios de Educación da Unión Europea.