O estudo "Mozos na rede: un selfie", realizada polo Centro Raíña Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, debuxa un autorretrato, un selfie da forma de estar os mozos na rede, establece unha tipoloxía da poboación nova sobre a base de como se relaciona en Internet e en redes sociais e analiza cuantitativamente cales son os riscos e vantaxes percibidos polos mozos na súa utilización das redes sociais.
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) presentou hoxe o concurso escolar 'Pandijuegos', unha iniciativa orientada a colexios que ten como obxectivo fomentar o coñecemento do dereito fundamental á protección de datos e promover o valor da privacidade entre os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinou esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre galego, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas