Será o vindeiro mes de xuño (o día 12) cando teña lugar a xornada (r)evoLuƧión, cara a modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto dende as 9:00 até as 19:00 horas no compostelán Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás). O evento nace con vontade de punto de encontro de experiencias inspiradoras para profesionais do eido tecnolóxico e para todas aquelas persoas interesadas en tecnoloxías de código aberto en calquera sector da sociedade.
O consistorio de Santiago (Raxoi) acolleu esta mañá a presentación dunha iniciativa innovadora, a cabalo entre o tecnolóxico, o sustentable, o participativo e o medio ambiental. Trátase de Tropa Verde, un proxecto desenvolvido pola empresa local Teimas e adoptado polo Concello de Santiago a través do seu programa Smart iAGO (Compostela como Cidade Intelixente).
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), organizan para o vindeiro luns 25 a xornada Faite profesional dixital dos contidos dixitais. O encontro, enmarcado na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, desenvolverase na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.