Os máis de 4000 telecentros que forman a Asociación Comunidade de Redes de Telecentros volven ser clave na celebración do Día de Internet, demostrando que son un recurso clave para a inserción da cidadanía na Sociedade do Coñecemento.
Alumnos e profesores da Escola Politécnica Superior da Universidade CEU San Pablo de Madrid construíron, no laboratorio de fabricación dixital FabLab Madrid CEU, unha prótese para un neno de seis anos empregando tecnoloxía de impresión 3D.
A rede CeMIT vén de poñer en marcha un Banco de Tempo para incrementar a difusión da súa oferta formativa. Á iniciativa á que se adheriron 14 centros da Rede que se comprometen intercambiar horas de actividades e cursos de xeito que os seus usuarios se poidan beneficiar dunha maior oferta formativa.