Os máis de 4000 telecentros que forman a Asociación Comunidade de Redes de Telecentros volven ser clave na celebración do Día de Internet, demostrando que son un recurso clave para a inserción da cidadanía na Sociedade do Coñecemento.
Dende as Redes de Telecentros de Castela e Léon, Andalucía e Extremadura estanse a realizar varias accións formativas, relacionadas coa seguridade e a privacidade en Internet, redes sociais e a busca de oportunidades e o emprego. Tamén dende a Ribeira de Navarra, e co obxectivo de fomentar o uso de Internet como ferramenta inclusiva na sociedade entre os cidadáns e cidadás, Fundación Dédalo volverá organizar o próximo luns 18 de Maio o Día de Internet na Praza dos Foros de Tudela.
As accións principais que se propoñen como Asociación Comunidade de Redes de Telecentros van ser unha serie de talleres e charlas presenciais desenvolvidos nos Telecentros en formato Seminario online (webinar). Trátase dunha metodoloxía máis aberta e accesible, que vai permitir o seguimento e a participación de todas as redes. Os webinar propostos tratarán temáticas como as Redes Sociais, a Identidade Dixital e Marca Persoal, ou a protección dos menores e mocidade no uso de Internet. O obxectivo destes talleres é xerar confianza entre os internautas para que temas como o ciberbullying, o grooming ou o sexting non afecten ao uso que menores e mozos poidan levar a cabo no uso das Tecnoloxías.
Entre os webinars programados encontramos títulos tan interesantes como " E ti... estás conectado? ", "Internet e dispositivos móbiles para persoas maiores", "Redes Sociais para menores", e "Tabletas e móbiles en nenos e mozos, aliados na educación e a aprendizaxe", todos eles accesibles dende a páxina web da Asociación de Redes de Telecentros (www.comunidaddetelecentros.net).
A Asociación quixo tamén dar difusión á Coalición Local en España para o Emprego Dixital (www.competenciasdigitales.com) e para iso organizou outro webinar que, en formato entrevista, dará a coñecer as accións que dende o Plan de Alfabetización Tecnolóxica de Extremadura se están a realizar para a mellora da Competencias Dixitais en materia de emprego.
O día de Internet é un evento que ten repercusión a nivel mundial, participan 24 países e máis de 820 entidades promotoras entre as que se atopan as Redes de Telecentros, que un ano máis se envorcan neste evento, como referentes no achegamento das Tecnoloxías á cidadanía.
Máis información das accións programadas polos Telecentros en www.comunidaddetelecentros.net/dia-de-internet/
Rexístrate como: