Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Selfie

Máis da metade dos mozos asegura que o 'ciberbulling' é moi frecuente

  • O 58% considera que o acoso entre compañeiros/ás ou ciberbulling se dá con bastante ou moita frecuencia, un 54% considera o mesmo do envío de imaxes privadas e comprometidas, e un 41% do acoso de adultos a menores.
  • Por outro lado, algo máis do 90% dos mozos nega ser dependente das redes sociais en termos absolutos e soamente o 7% cre depender delas.
  • A investigación foi elaborada polo Centro Raíña Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, un centro privado e independente creado pola FAD grazas ao apoio de Banco Santander e Telefónica.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/05/15 (08:35)

Un 56% dos mozos españois de 16 a 20 anos considera que os riscos provocados polo uso de Internet e as redes sociais como o acoso de adultos a menores ou acoso entre compañeiros/as da mesma idade, son moito máis frecuentes do que se di, mentres o 16% considera que se esaxera moito en canto aos riscos que poden supoñer o uso de redes sociais.

Por outro lado, o 58% considera que o acoso entre compañeiros/as ou ciberbulling se dá con bastante ou moita frecuencia; un 54% considera o mesmo do envío de imaxes privadas e comprometidas, e un 41% do acoso de adultos a menores. En cambio, non supera o 20-22%-22 a proporción de mozos que consideran que estas situacións se dan con pouca frecuencia.

Estas son algunhas das principais conclusións da investigación "Mozos na rede: un selfie" realizada polo Centro Raíña Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, un centro privado creado pola FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción) grazas ao apoio de Banco Santander e Telefónica. A investigación foi presentada esta mañá polo director xeral e o director técnico do Centro Raíña Sofía sobre Adolescencia e Xuventude e da FAD, Ignacio Calderón e Eusebio Megías.

O estudo debuxa un autorretrato, un selfie da forma de estar os mozos na rede, establece unha tipoloxía da poboación nova sobre a base de como se relaciona en Internet e en redes sociais e analiza cuantitativamente cales son os riscos e vantaxes percibidos polos mozos na súa utilización das redes sociais. Realizouse a partir dunha enquisa online a un panel seleccionado de 800 mozos de 16 a 20 anos familiarizados co uso de Internet e as redes sociais.

O risco das plataformas

De feito, os responsables da FAD aseguran que a maioría dos mozos están concienciados acerca dos riscos que entrañan estas plataformas e que o uso intensivo destas responde ao feito de que os "aceptan como contrapartida" das vantaxes. Así, unha porcentaxe minoritaria (16,3%) considera que riscos como o acoso de adultos a menores, acoso entre compañeiros da mesma idade ou outro tipo de agresións a través do medio dixital, coñecido como "ciberbulling", "están esaxeradas" na opinión pública. En cambio, a maioría (56,2%), cre, pola contra, que "son moito máis frecuentes do que se di. Aínda así, Megía subliña que a percepción que este colectivo ten dos riscos se enfoca máis aos abusos, acoso e ataques "horizontais", entre compañeiros ou persoas da mesma idade, que aos abusos de adultos sobre persoas menores.

Dende a perspectiva das vantaxes e inconvenientes que supoñen as TIC para a vida dos mozos, os responsables do estudo subliñan que, en xeral, os resultados mostran que as mulleres son "máis críticas" co uso destas ferramentas, aínda que non chegan a inverter a percepción positiva xeral.

Entre os inconvenientes que os mozos encontran nas redes sociais figuran o feito de que "permiten controlar máis ás persoas" (7,51 sobre 10), "facilitan mentir sobre un mesmo" (7,24), "provocan que as relacións se acomoden e sexan máis preguiceiras" (7,0,3), "fan que as relacións sexan máis impersoais" (6,88) e "supoñen unha perda de intimidade (6,83). Entre as vantaxes encóntranse unha maior facilidade de comunicación entre persoas (7,51 sobre 10), "axudan a ligar" (6,31), facilitan oportunidades de ocio e tempo libre (6,06) e "facilitan as oportunidades laborais" (5,96).

Integrados, Experimentados, Tecnófobos ou Pragmáticos

O estudo identifica e agrupa as actitudes e o uso que realizan os mozos de Internet e, en particular, as redes sociais, en catro grandes grupos homoxéneos, para aclarar que non hai unha única "xuventude" no que se refire ao uso da rede. Así, o grupo maioritario está formado polos denominados "pragmáticos", o 30,1% do total, que se caracterizan por ser capaces de "nadar entre dúas augas", a do 'online' e a do 'offline'. Este grupo ten un uso "relativamente alto" das redes sociais pero procuran ser "prudentes" á hora de compartir información. O segundo grupo constitúeno os que foron cualificados como "integrados" (27%), cuxa actitude é a de certa "despreocupación" polos riscos que entrañan ou os problemas de "distorsión da imaxe" que pode ter lugar cando se comunica a través de Internet.

En terceiro lugar, figuran os "experimentados" (17,5%), cuxo uso destas plataformas é "intensivo" e teñen unha visión "moi benévola" das redes sociais. "Non lles preocupa ser dependentes, non se senten saturados e entenden que o online é perfectamente compatible co offline". Por último, existe un grupo que foi cualificado como o dos "tecnófobos" cuxa actitude non é tanto a de medo cara á rede senón a da "indiferenza". Adicionalmente,un13,5 non é clasificable en ningún dos catro grupos, debido a que o seu uso de Internety a súa percepción dos riscos e vantaxes se encontra no punto medio destes.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD)
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal