Dentro das iniciativas de responsabilidade social corporativa da empresa premiada, salienta o proxecto solidario Pictoaplicaciones.com, no que o persoal emprega o seu coñecemento do sector TIC para desenvolver aplicacións de balde e útiles para nenos e adultos con diferentes trastornos da linguaxe.
Investigadores da Universidade Rei Juan Carlos desenvolveron unha ferramenta para que os nenos poidan aprender técnicas de programación dende o tres anos de idade. Segundo os seus creadores, a aprendizaxe temperá da programación mellora o rendemento escolar en disciplinas tan distintas como as matemáticas ou os idiomas. A plataforma, denominada Dr. Scratch, acaba de ser galardoada co premio Google RISE Awards 2015.
Convócase o Premio Raíña Letizia de Tecnoloxías da Accesibilidade impulsado por CENTAC. O prazo para concorrer á convocatoria é de 40 días hábiles a partir da data de publicación no Boe do 28 de abril.