O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) celebraba a pasada semana (23 e 24 de abril) na sede do Colexio Médico da Coruña as Xornadas sobre Aplicacións Móbiles en Saúde xunto co Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña co gallo de axudar aos facultativos a tirar proveito das novas tecnoloxías na súa práctica cotiá.
TokApp, compañía galega nada en 2013 e fundada por Javier Romero, está estes días lanzando ao mercado unha plataforma de mensaxería instantánea para que centros educativos, profesores, pais e alumnos poidan poñerse en contacto entre eles de maneira máis rápida e eficaz.
A app impulsada por Avelino Correa e Antonio Escudero para incentivar a creatividade dos nosos rapaces a través da creación de contos sobre a base dos dispositivos con Android ou iOS, xa superou amplamente a cifra de 20.000 descargas en máis de 70 países e está presente en máis de medio cento de centros educativos estatais.