O vindeiro mércores 29 de abril abrimos esta campaña, coa xornada Faite profesional dixital do… Marketing Dixital. Coñeceremos neste encontro, da man de expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais, que se están a demandar no mercado laboral actual.
Coincidindo co Día Internacional das Rapazas e as TIC, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, deu a coñecer o nome da premiada co galardón Ada Byron, que na presente edición recaeu en Eva Dafonte Pérez (Ourense, 1979). O máximo representante das enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos fixo pública a decisión (precisamente) no evento organizado polo CESGA con motivo do Día Internacional das Rapazas e as TIC.
Estes días estase a presentar en Madrid a que sería, a xuízo dos seus impulsores, a primeira plataforma estatal de prescricións médicas en liña: Receita Médica Online. O servizo, posto en marcha por un equipo de médicos, farmacéuticos e informáticos, diríxese a facilitar a renovación de receitas aos profesionais sanitarios do sector privado e aos propios pacientes.