A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñeria Informática de Galicia (CPEIG), estamos a traballar na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC.
Con este motivo, imos poñer en marcha en Galicia a Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital" ao longo do ano 2015, co obxectivo de concienciar aos xóvenes e/ou experimentados profesionais, universitarios/as e calquera persoa interesada nestas temáticas, da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo rirmo que o fan as tecnoloxías.
O vindeiro mércores 29 de abril abrimos esta campaña, coa xornada Faite profesional dixital do… Marketing Dixital. Coñeceremos neste encontro, da man de expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais, que se están a demandar no mercado laboral actual.
Esta xornada de presentación, que será aberta pola directora da Amtega, Mar Pereira, e polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, terá lugar a partir das 10:00 horas na Cidade da Cultura, en Santiago.
A inscrición, que é de balde, está xa aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org.
Rexístrate como: