O campamento celebrase entre o 1 e o 14 de xullo e estará dirixido a 40 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Todos os participantes traballarán no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes graos de complexidade en función das súas idades.
O responsable de Innovación do Concello de Santiago de Compostela, Fernando Suárez, presentou hoxe en rolda de prensa ParticipAPP, unha nova aplicación de participación cidadá, incluída na iniciativa Smart iAGO que permitirá ao Concello coñecer de primeira man a opinión da veciñanza sobre temas relevantes para a cidade.
Esta semana soubemos de dúas novas aplicacións galegas cunha chea de vantaxes e recursos para os seareiros da música, e facendo especial fincapé nos seareiros máis cativos: Play Ópera e Imos á Ópera, dúas apps de Dada Company que, como se indica no seu nome, diríxense a acurtar distancia entre este histórico xénero musical e os usuarios de dispositivos.