Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Dada Company

Chegan dúas aplicacións galegas para dar a coñecer a ópera entre os cativos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/04/15 (10:28)

Esta semana soubemos de dúas novas aplicacións galegas cunha chea de vantaxes e recursos para os seareiros da música, e facendo especial fincapé nos seareiros máis cativos: Play Ópera e Imos á Ópera, dúas apps de Dada Company que, como se indica no seu nome, diríxense a acurtar distancia entre este histórico xénero musical e os usuarios de dispositivos. Ámbalas ferramentas veñen impulsadas dende A Coruña e contan co apoio dunha trintena de teatros de todo o territorio estatal. Son de balde, teñen versións en iOS e Android, e achéganse en galego, catalán, éuscaro e inglés.

Foron presentadas esta semana de man dos seus responsábeis directos, Amigos da Ópera da Coruña e Ópera XXI, a plataforma que xunta uns 30 teatros españois. Segundo fixeron saber, a finalidade destas aplicacións non é outra que liberar de atrancos o camiño das nenas e nenos cara o coñecemento do dito xénero música. A xuízo dos seus creadores, Play Ópera “é unha entretida aplicación para emocionarse coas historias de amor de príncipes, princesas, labregos, bufóns, duques, asasinos e valentes pretendentes”. O desenvolvemento gráfico da ferramenta correu a cargo dos ilustradores Ricardo Cavolo, Pablo Auladell, Violeta Lópiz, Mikel Casal e Marina Anaya.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal