Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Gonzalo García Figueroa e Miguel García García

O CPEIG premia unha iniciativa para integrar as persoas con trastornos da linguaxe

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/05/15 (08:02)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) premia a solidariedade co seu galardón e-Inclusión, que está incluído dentro dos premios anuais que entrega na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que este ano se celebrará o día 26 de xuño. Deste xeito, o CPEIG vén de revelar o gañador da edición deste ano, o dito recoñecemento será para o Grupo Promedia, que servíndose das novas tecnoloxías aposta cara a integración das persoas con diferentes problemas da linguaxe.

O Grupo Promedia, con sede no Concello de Ames (A Coruña), é unha empresa fundada no ano 2006 e especializada no deseño web e desenvolvemento de aplicacións para a Internet en Galicia.

Dentro das iniciativas de responsabilidade social corporativa da empresa premiada, salienta o proxecto solidario Pictoaplicaciones.com, no que o persoal emprega o seu coñecemento do sector TIC para desenvolver aplicacións de balde e útiles para nenos e adultos con diferentes trastornos da linguaxe. Mellorando a comunicación das persoas que máis o necesitan é o slogan do proxecto e a esas persoas e á súa contorna diríxense as aplicacións a través de pictogramas que lles axudan a entender o mundo que os rodea, o que favorece a súa inclusión a través das novas tecnoloxías.

Segundo lembra Gonzalo García Figueroa, director do Grupo Promedia, “Pictoaplicaciones.com naceu porque un dos socios é pai dun neno con autismo e, a partir dese comezo, puidemos axudar a moita xente con outras necesidades, coma é a parálise cerebral, ictus, síndrome de Down, trastornos da linguaxe en xeral ou un público máis amplo, dado que tamén teñen utilidade en educación infantil ou integración idiomática”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal