Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
TokApp Pontevedra

A aplicación TokApp notifica de xeito automático as ofertas de emprego de Pontevedra

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/15 (08:19)

Os responsábeis da ferramenta galega TokApp asinaron un acordo co Concello de Pontevedra para favorecer e facilitar as buscas de emprego da cidadanía. Isto será posíbel a través da plataforma TokApp, que notificará de xeito automático as ofertas laborais recibidas. Segundo nos conta Javier Romero, responsábel do desenvolvemento da plataforma-aplicación, “as persoas que se atopen en situación de desemprego ou que estean a buscar traballo poderán coñecer as demandas dos comerciantes e empresarios da cidade sen ter que procurar elas mesmas a información”. Unicamente, engade, deberán dispor no seu dispositivo da devandita aplicación, coa que poderán consultar as ofertas que cada semana recibirán actualizadas. A firma galega ten previsto estender a iniciativa de Pontevedra a unha chea de ámbitos da xeografía estatal, e mesmo ao estranxeiro.

“A gran vantaxe de TokApp”, explica Javier Romero, “é que o usuario non ten que ir buscar a información, senón que estando en casa ou de viaxe os datos chéganlle ao instante e actualizados”. Outra das grandes bazas do sistema reside en que a mensaxe non se acubilla no cartafol de spam, “achegándose a garantía de que foi entregada e lida polo destinatario” O obxectivo é saber que a información chega correctamente e os usuarios recíbena o máis rápido posíbel, engade o CEO de TokApp.

A iniciativa concreta da Cidade do Lérez é unha realidade grazas á colaboración entre o Proxecto de Emprego Social ILES do Concello de Pontevedra e a empresa TokApp. Segundo explican os responsábeis da aplicación, a plataforma está a ser moi ben acollida entre os veciños, “e cada vez son máis os usuarios que teñen acceso aos boletíns a través da aplicación”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal