Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Aula CeMIT Oroso

Reorientamos de Oroso colabora con Amtega

  • Servirá de referencia nun proxecto de innovación social dixital
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/05/15 (09:25)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, vén de seleccionar o programa "Reorientamos" do Concello de Oroso para participar nun proxecto piloto de Innovación Social Dixital CeMIT-Innova. Un proxecto no que participan dez centros de Galicia e que pretende resolver retos locais ligados á educación, á saúde ou ao emprego a través de iniciativas cunha base tecnolóxica deseñadas polos cidadáns e axentes locais.

O programa "Reorientamos" é unha iniciativa do Concello de Oroso que pretende mellorar o acceso ao mercado laboral de 15 veciños e veciñas do municipio a través dun programa de formación e de prácticas laborais en empresas colaboradoras do municipio. Os participantes están becados polo Concello de Oroso e La Caixa para realizar un itinerario formativo a través dun proceso de mentoring presencial. Cada itinerario formativo consta de 3 cursos de Aula Mentor, certif cados polo Ministerio de Educación, a escoller polos alumnos sempre e cando sexan de un ámbito homoxéneo: saúde, hostalería, turismo, administración e xestión, comercio e marketing, madeira, programación... A formación completarase cunhas prácticas dun mes en empresas do municipio; o concello asinou recentemente un convenio de colaboración con dezanove empresas locais que ofrecerán para estas prácticas postos de auxiliares administrativos, aprendiz de deseño, técnicos de educación infantil, camareiros, auxiliar de imaxe, carpinteiros, auxiliar de taller de informática, sericultora, técnico en horta, auxiliar de fontanería e auxiliar de confección.

Unha vez concluído o período dos traballos do proxecto CeMITInnova, no mes de outubro, os seus resultados servirán para a elaboración dunha Guía metodolóxica cos resultados da avaliación das iniciativas e un manual uso das principais ferramentas colaborativas do proxecto. Esta publicación facilitará a extensión destas solucións ás aulas que estean interesadas en empregalas.

Recentemente tuvo lugar unha xornada de traballo na Cidade da Cultura organizada por Amtega donde responsables da aula Cemit de explicaron como nacera este proxecto o darse conta de que moitos dos usos que os veciños facían da aula de informática ou do apoio que demandaban tiña que ver coa búsqueda de emprego e coa confección de curriculums polo que se decidiron a recoller todas esas demanda e formar con elas uns obxetivos que no so cubriran esas peticións se non que puideran axudar doutros xeitos.

O concelleiro de Ensino, Antonio Leira, celebrou a elección do proxecto orosán para este programa piloto xa que ¿supón un recoñecemento a unha iniciativa de aprendizaxe e integración social e laboral que servirá para loitar contra a exclusión social e laboral".

Tema: Xeral
Fonte: Lindeiros
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal