Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Cartel da xornada
07/04/16 (08:20)
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, inaugurou a xornada ‘Ética e discapacidade. Un día para a reflexión’ organizada pola Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia (FEAFES Galicia) co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. Alí, o responsable da área social da Xunta de Galicia ofreceu a vontade do Goberno galego de “asesorar e apoiar ás persoas con discapacidade e ás súas familias en todos os pasos que dean cara unha maior calidade de vida”. “Podedes contar connosco para todo o que precisedes, seguimos e seguiremos estando ao voso carón”, sentenciou.
Braille
06/04/16 (09:26)
Aínda que é certo que a maioría podemos facernos unha lixeira idea das incomodidades ás que ven sometidas as persoas que padecen algún tipo de discapacidade visual, o certo é que poucos somos conscientes de como estes individuos se desenvolven en determinadas contornas e actividades.
Usuario de Facebook
06/04/16 (08:49)
Os mozos varóns con menos estudos son os que comparten máis contidos discriminatorios en Facebook, e as mozas universitarias, as que menos. Segundo un estudo de sociólogos da Universidade Rovira i Virgili, hai unha forma feminina e outra masculina de comportarse en internet. Os mozos adoitan aludir de forma directa a temas étnicos e culturais, mentres que elas fano dunha maneira menos evidente. A investigación forma parte dun proxecto europeo que busca combater estes comportamentos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal