A Asociación Jovesolides e a Fundación Vodafone España colaborarán, un ano máis, na impartición de talleres sobre o uso dos smartphones e tablets dirixidos a persoas maiores, coa quinta edición do programa 'Maiores Mobilizados'.
Susana López Abella, acompañada da vicereitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño, participou na inauguración da Exposición de Premiadas Josefa Wonenburger, onde lembrou que a Xunta creou un premio, o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.
Nos últimos anos, o concepto de innovación social -novas solucións a problemáticas sociais- tomou forza no mundo do desenvolvemento e xa non pode considerarse unha tarefa única das organizacións sen fins de lucro en conxunto cos beneficiarios. Hoxe en día existen exemplos que mostran que esta pode ser impulsada polos gobernos a través de políticas públicas que fomenten a equidade e inclusión social, e ao mesmo tempo estimulen o crecemento económico.